Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra
Asociación que leva desde o ano 1991 traballando no ensino para realizar diversas actividades de creación na nosa lingua, sacándoas do ámbito dos centros e conectándoas coa cidadanía, sempre co apoio do Concello de Ferrol, como se ve reflectido no Plan de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol, na páx. 43, vixente a día de hoxe.
Elenco de actores
- Castelao: Pepablo Patinho.
- Manuel: André G. Vigo
- Sabela: Yanira Astolfi
- A Marquesiña: Carla Gil
- Pedriño: Alex Rocha
- D. Miguel: Lan Couce
- Otero Pedraio: Jorge Casas
- Demo: Álvaro Lourido
- A Porca: Susana G. Bouzas
- Cego: Jose M. Pontevedra
- Panchiña: Eyerus Dono
- Virxinia: Montse Piñón
Pequecoro e Pequecoro In Crescendo.
Nado no curso 2010-2011 grazas á ilusión de 20 nenos e nenas maila súa profesora de Linguaxe Musical, Catuxa Pita Evia, o Peque Coro é a día de hoxe unha escola coral que abrangue xa un proxecto infantil e un de mozos e mozas, o Peque Coro in crescendo.
Alén da promoción da formación vogal dos nenos e nenas o Peque Coro é un proxecto educativo comprometido desde os seus inicios coa música, coa lingua e coa cultura galega.
Instituto Galego-Hispano-Arxentino Santiago Apóstolo


Dende hai 2 meses “centro de convenio” oficial do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes de España, é unha obra da Xunta de Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires que, xestionado pola Fundación Galicia América, ten como horizonte desenvolver un proxecto educativo bicultural para contribuír na defensa, potenciación e espallamento da cultura galega nesta –ben chamada aínda hoxe– quinta provincia.
Posuír un centro de estudos asentado na identidade cultural da nosa terra foi un dos máis prezados desexos da colectividade emigrante e dende a primeira metade do século XX os exiliados facían forzas para acadar a consecución. Para eles, a construción das máis de 380 escolas na Galicia administrativa non estaría culminada ata ver en funcionamento na emigración un colexio galego que conferise á nosa personalidade unha proxección universal máis aló de lindeiros xeográficos.
Logo de 27 anos de traballo continuado, a nosa escola consolidou a súa presenza na Cidade Autónoma de Bos Aires, na República Arxentina e tamén na Galicia administrativa, acentuando o seu prestixio grazas ao aval que autoridades políticas, educativas e intelectuais expuxeron privada e publicamente. Sentímonos orgullosos dese apoio, pois defendemos o noso acervo do mellor xeito que sabemos, isto é, brindando unha educación de calidade ao noso alumnado na que a cultura dos nosos devanceiros brilla con protagonismo nas nosas aulas e a marca “Galicia” se fortalece con esta modesta contribución.
Carlos Xavier Rodríguez Brandeiro
Director xeral
Maquillaxe
Profesora de estética Paula Cristobo e alumnado de FP Básica e Ciclo Medio de Estética do IES Carvalho Calero.
